
Este curso "SANSALÓVA" estamos de aniversario, xa que cumprimos 5 anos desde que Ana V., Clara G. e Juan F. puxeran a andar as primeiras óperas do noso colexio. Dende aquela xa se crearon no colexio 8 Compañías de Ópera.
A revista galega sobre educación "EDUGA", interesouse polo noso traballo polo que supón "o proxecto LÓVA" como proxecto de innovación educativa. No seguinte enlace podedes ler a publicación que escribimos para tal fin.Noraboa "SANSALOVEIR@S".


