Sunday 10 May 2015

Pegadas Musicais (A LÓVA) na Radio Galega

No día de hoxe poidemos escoitar na Radio Galega ás tres representantes do grupo de 6º (Pegadas Musicais) que foron entrevistadas no programa “Somos quen”, presentado por María Xosé Rodríguez.

A entrevistadora interesouse por este proxecto levado a cabo no CPI San Sadurniño que pon en marcha un teatro musical desenvolto totalmente pol@s alumn@s de 6º.

As alumnas ían acompañadas por Ana V. e Juan F., que seguro estaban máis nerviosos que as propias protagonistas.

No seguinte enlace podemos escoitar a entrevista (dende o minuto 19:43 ata o 47:50).



(Parabéns a tod@s os compoñentes que participan no proxecto “LÓVA”).


No comments:

Post a Comment