Friday, 3 April 2020

Semana Santa (Easter)


Bos días a todos/as.



En breve comezaremos a nosa cuarta semana de corentena.

Cada día resúltanos un pouco máis difícil estar sen ver aos nosos amigos e amigas e sentir que non temos liberdade. Aínda así, Temos que seguir facendo este esforzo durante unhas semanas máis coa absoluta seguridade de que, dalgún xeito, neste estado de prevención, estamos salvando vidas e tampouco estamos poñendo en risco a nosa.


Estariamos de vacacións de pascoa a próxima semana, polo que non haberá tarefas de inglés para facer a semana que vén. Se alguén vai con un pouco de retraso, pode aproveitar para poñerse ao día.


Algúns de vós escribídesme preocupados por exames, materia nova ... etc. De feito, eu tampouco podo responder a esas preguntas e dúbidas. Estamos nun estado de incerteza no que os profesores tampouco sabemos que pasará despois da Semana Santa. Non sabemos se temos que seguir co terceiro trimestre ou seguir revisando os dous anteriores. Os mestres e mestras tamén estamos á espera de que "os encargados destas cuestións" nos dean instrucións e nos digan que e como imos afrontar o noso traballo despois da próxima semana. É unha situación moi difícil e calquera decisión que se tome afecta a moita xente e ás súas familias. Por iso, debemos confiar en que o resultado desas decisións, sexa o menos prexudicial para todos nós nestes complicados momentos históricos de alarma social que estamos a experimentar.


Ata entón, desexo que todo saia ben, que vos quededes na casa e que aproveitedes o mellor recurso que tedes, que é a vosa imaxinación, da que certamente podedes sacar moito inxenio para facer máis doada esta situación. Non esquezades que "Every cloud has a silver lining".


Saúdos a cada un de vós e ás vosas familias.




(Good Witch of The North)



No comments:

Post a Comment