Tuesday, 1 September 2020

Organigrama curso 20-21


ORGANIGRAMA INFANTIL E PRIMARIA

ORGANIZATION CHART


Moi pronto empezará o novo curso para os nosos alumnos e alumnas. Sabemos que teremos moitos retos difíciles que superar no día a día, pero o facemos sen perder a ilusión de levar a cabo a nosa labor diaria dando o mellor de nós e intentando afrontar todas as dificultades que vai conlevar esta "nova normalidade".

Nestes momentos de incertidume temos que conseguir, como intentamos facer sempre, traballar como equipo e solidarizarnos con todas estas novas necesidades que debemos reflectir no día a día. Somos conscientes de que non será doado. Sabemos, agora máis que nunca, que a comprensión e solidaridade deben ser valores que nos axuden a medrar xuntos no noso esforzo de superar unhas carencias que viviremos con respecto a outros cursos académicos.

Non somos perfectos e debemos considerar a importancia de cinguirnos ás normas dun protocolo que intenta manternos seguros dentro do centro escolar. Favorecer este protocolo de actuación debe ser unha das nosas maiores prioridades. Somos coñecedores das nosas limitacións, e tamén das limitacións arquitectónicas do noso edificio, que con casi 50 anos de antigüidade non axuda a desenvolver cómodamente a convivencia de tan numerosa comunidade educativa. Por iso é tan necesaria a colaboración de todos os axentes implicados nela.

Estamos xuntos nisto, e esperando poder retomar a nosa convivencia aportando todo aquilo que fai do colexio un potente entramado social do que todos e todas nos retroalimentamos.

Para conseguir todo iso, a completa comunidade educativa é importante e valiosa. Agora máis que nunca a realidade nos aporta unha aprendizaxe que levamos xa uns cantos anos considerando en LÓVA: "Se cae un caemos todos".

Nesta entrada pretendo presentar a unha parte desa "comunidade" á que estou orgullosa de pertencer: o equipo de profesores e profesoras que fará do seu traballo o seu maior reto seguindo na procura dunha ensinanza eficaz e de calidade no noso centro, a pesar do contexto que nos toca vivir.



DIRECCIÓN

ANA V.
Directora
ANA V.
Xefa de estudos
BEA R.
Secretaria

INFANTIL

ISABEL
6º Infantil
LUCÍA
5º Infantil
FERNANDA
4º Infantil

BEA
Apoio Infantil




PRIMARIA

RAQUEL
1º A Primaria
BEGOÑA
1ºB Primaria

MARÍA
2ºA Primaria



MARÍA JOSÉ
3º A Primaria
SERAFÍN
3ºB Primaria
MÓNICA
4º A Primaria
SERGIO
4ºB Primaria
CRIS
5ºA Primaria
ANA B.
5ºB Primaria

LÍDIA
6ºA Primaria


ESPECIALISTAS

IVÁN
Educación Física
Robótica
SERAFÍN
Educación Física

MANOLI
Relixión


MAR
Inglés
Arts and Crafts
BEA
Inglés

ANA
Música


INÉS
A.L.
MARTA
A.L.

MARICARMEN
P.T.




Feliz e saudable curso a todos e a todas.




No comments:

Post a Comment