INFANTIL. SEMANA NA CASA

Estes días que estamos na casa podemos seguir practicando algunhas das rutinas que realizamos cada semana na clase de inglés. Sempre, ao principio e ao final da clase, cantamos a canción de "Hello" e "Good-bye". A dicir verdade, como sabedes, non só cantamos se non que tamén bailamos e facemos os movementos que vemos nos vídeos.
RUTINAS
![]() |



Dende esta ligazón podemos ver o vídeo no que nos fixamos no tempo que fai e por onde camiña "Andy the ant".
Canción sobre os castelos
Aínda que na clase usamos plastilina, así como outras propostas máis manipulativas, tamén estamos aprendendo esta canción e facendo os movementos que vemos no vídeo.
Video-contos sobre os castelos
Estes son algúns dos contos que imos ver durante este proxecto. Non os vemos todos o mesmo día se non que imos cambiando dependendo de outras actividades que facemos na aula. Por exemplo, na escola de "Pepa Pig" tamén están a facer un proxecto de castelos e as familias axundan a facer castelos para que os alumnos/as os leven á escola.
![]() |
