Monday, 31 January 2022

Castles: Mentres estamos na casa

INFANTIL.
SEMANA NA CASA






Estes días que estamos na casa podemos seguir practicando algunhas das rutinas que realizamos cada semana na clase de inglés.
Sempre, ao principio e ao final da clase, cantamos a canción de "Hello" e "Good-bye". A dicir verdade, como sabedes, non só cantamos se non que tamén bailamos e facemos os movementos que vemos nos vídeos.



RUTINAS









Dende esta ligazón podemos ver o vídeo no que nos fixamos no tempo que fai e por onde camiña "Andy the ant".





Canción sobre os castelos


Aínda que na clase usamos plastilina, así como outras propostas máis manipulativas, tamén estamos aprendendo esta canción e facendo os movementos que vemos no vídeo.



Video-contos sobre os castelos

Estes son algúns dos contos que imos ver durante este proxecto. Non os vemos todos o mesmo día se non que imos cambiando dependendo de outras actividades que facemos na aula. Por exemplo, na escola de "Pepa Pig" tamén están a facer un proxecto de castelos e as familias axundan a facer castelos para que os alumnos/as os leven á escola.




No comments:

Post a Comment