Friday, 18 December 2015

BOTÓN: As profesións


Por fin chegou o día
estas son as nosas profesións na nosa Ópera

Empezamos cunha maleta
chea de ilusións.

Todo estaba preparado.
Nós estabamos moi nerviosos.

Relacións Públicas
Necesitan unha libreta onde apuntar moitas cousas necesarias.

Lia e Laura.
Serán as nosas relacións públicas.

Os escritores.
Serán os encargados de imaxinar unha historia que nunca antes ninguén pensou.
Necesitan unha libreta e un lápiz para escribir esa historia.

Escritores:
Brais, Daniela, Bruno.

Figurinistas e Caracterización
Farán que @s interpretes saian ao escenario como é debido.

Figurinistas e Caracterización:
Aldara, Sofía, Eneko.

Documentalistas:
serán os encargados de levar a cabo as labouras de colocación e explicación do noso traballo ao longo do curso.

Documentalistas:
Brais e Carla.

Técnicos de iluminación:
Encargaranse de que as luces esten axustadas aos momentos da interpretación.

Técnicos de iluminación:
Gabriel, Iker e Noa.

Escenógrafos:
Terán que facer os decorados da nosa ópera.

Escenógrafos:
Rubén, Simón e Candela.

Intérpretes:
Terán que aprenderse o guión e as cancións para que todo o público poda disfrutar do traballo que todos fixemos cando eles saian a escea.

Intérpretes:
Nerea, Uxía, Aitor, Alex e Tania.

Músicos:
Serán os encargados de compoñer a música da nosa ópera.

Músicos:
Diego, Martín e Brais.

Directora de produción e director de escea:
Terán que comprobar en todo momento que todo está saindo ben e superar os retos e dificultades que se presenten día a día en calquera das outras profesións.

Directora:
Xulia

Director de escea:
Daniel

Botón, compañía de Ópera:
Unha gran maleta que empezou a viaxar en setembro.
Agora tod@s tedes que levar esta maleta na vosa viaxe.
boa sorte compañía Botón.


No comments:

Post a Comment