Thursday 9 April 2020

CPI de Sansa na casa


Nunca choveu que non escampara.

There is no evil that lasts a hundred years.



GRAZAS

Non queríamos deixar de sumarnos a un saúdo silencioso, que non silenciado, nestes días de cuarentena. Este é o xeito co que intentamos transmitir o noso apoio a todo o noso alumnado e ás súas familias nestes días de confinamento.

Grazas especialmente a Manolo polas súas dotes artísticas como deseñador; A Lucinio, polo seu creador talento musical; A Inés, pola súa gratificante capacidade de favorecer "os movementos sociais positivos"...e a todos os demais por amosar esa pequena parte de nós que nos acolle á volta do noso traballo. Os nosos fogares, dende nos que nestes días, asomamonos para ofrecervos o noso apoio, e se cabe, o noso desexo de manter o contacto non só no deber da docencia, senón na solidariedade da defensa contra estes abrumadores momentos marcados pola incerteza; implicadamente "enmarcados" e cómplices dende as nosas fiestras e terrazas dende as que temos a oportunidade de captar o mundo cos ollos activos da atención a esta gran lección que a vida nos ofrece e da que indudablemente imos aprender o valor do verdadeiramente importante.




- 'That's my Witch':

('The Witch had a cat
and a very tall hat,
and long ginger hair.
which she wore in a plait.')
:-)

(Just use the magic broom to find her).

(Ata que volvamos a vernos,
por fóra e por dentro...)
:-)

"Chea de vida" de Guadi Galego


Un saúdo...
:-)



No comments:

Post a Comment