Monday 1 June 2020

June Newsletter


Bo día a todos e a todas,

Hoxe póñome en contacto con vós, sobretodo para agradecervos a paciencia, a perseverancia, a comprensión, a superación… que fun vivindo día a día, tras estes dous meses e medio, e que se achegaba a min en forma de correos electrónicos. Este xeito silencioso no que, a pesar da distancia, nos mantivemos conectados.

Hoxe empeza o mes de xuño, e xa vai cheirando a verán, a area de praia, a sal, a fin de curso… Durante este mes non aparecerán máis tarefas para entregar dende as vosas casas. Deixarei esta semana ata o venres día 5 para que aqueles nenos e nenas que teñen pendente algún traballo o poidan enviar ao meu correo (marsomoza@cpisansadurnino.org) como é habitual, e sempre considerando, que son de carácter voluntario. Todos os demais, podedes repasar as propostas xa editadas, cos vídeos, actividades online autocorrexibles (actualizadas)...etc. A semana que ven os mestres e mestras nos xuntaremos para facer as avaliacións dos distintos cursos, e para redactar os informes finais individualizados de cada un de vós.

Estarei encantada de recibir e intentar dar resposta a todas aquelas dúbidas que teñades sobre a materia de inglés ata o 19 de xuño, data na que remata o curso escolar.

Non quero deixar pasar a oportunidade que me brinda esta ferramenta para agradecervos a todos e a todas a vontade de seguir co proceso formativo dende as vosas casas, que convertístedes en aulas, a pesar de todas as dificultades que eso supoñía. Foi un momento difícil para o que ninguén estaba preparado, e que resultou extremadamente duro, dependendo de cada situación persoal e familiar. Cada unha das vosas familias tivo que xestionar de forma moi concreta e particular cada unha das tarefas que propoñiamos dende o centro, (tarefas que se podían desenvolver sempre con carácter voluntario), o que se cabe, imprime máis valentía, ao esforzo persoal de manterse en contacto sen descanso, día tras día.

Seguide lendo, pensando, escribindo…e disfrutade do tempo libre para descansar e xogar. Todo isto axudará a facervos máis fortes día a día.

Recordade que o meu email aliméntase dos vosos correos…sempre estará disposto a recibir calquera cousa que vos apeteza compartir comigo.

Un saúdo,

Mar




JUNE: Revision at a glance


Review
4th, 5th and 6th GRADE

Preme no enlace superior para repasar todo o traballo durante a cuarentena.
Actualizado con actividades autocorrexibles.




No comments:

Post a Comment